O ASALTO AO CASTELO

O POBO REVÉLASE CONTRA O TIRANO

¡ARDE MOECHE!

¡¡¡Lume, lume, lume!!! son as palabras que máis se escoitan durante o Asalto ao Castelo, un espectáculo de lume, luces e recordos que se celebra desde 1980 pasada a media noite do sábado do penúltimo fin de semana de agosto, dentro dos eventos do Festival Irmandiño.

Con este acto conmemórase a toma do Castelo por parte de Roi Xordo, para rematar cos abusos feudáis. Todos os participantes ataviados con fachos arrancan dende o campo do festival ata o Castelo, coa súa chegada á fortaleza da lugar a queima do Castelo con lumes de artificio.

Dende a edición XXXV os nenos tamén poden gozar do Asalto, organizando para eles o Asalto Infantil que se celebra a tarde do sábado, un xeito divertido de que os máis pequenos sexan conscientes da historia do seu pobo.

Unha estrela, un camiño, unha alma / ¡Unha terra, un pobo, e unha fala!.

Saraibas -Nación-